👣 R6/19-20_ O pequeno Tíbet - val do Vez. Sistelo (PORTUGAL)

Os Roteiros Culturais da Universidade de Vigo superan o ecuador do programa cunha das visitas máis fascinantes deste ano: o pequeno Tíbet de Sistelo no país veciño de Portugal. Unha ruta única, de intensidade media-alta que combina paisaxes diversas de val e montaña propias doutras latitudes. 

E como é norma, xa sabedes, para que o día sexa fantástico deixamos por aquí as recomendacións para a ruta. ↓



👣 Data: sábado 25 de xaneiro de 2020
👣 Itinerario: Sistelo - Padrâo - Tabarca - Sebastiâo Baixo - Sistelo
👣 Distancia: 17,5 km 
👣 Dificultade: Media-Alta
👣 GPS (itinerario aproximado): https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteiros-culturais-2019-20-6o-portugal-pequeno-tibet-sistelo-45607596

> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior. (Se tedes dúbidas coa inscrición poñédevos en contacto coa unidade administrativa máis próxima: Pontevedra  986 802 088, Vigo  986 812 182Ourense  988 387 102.

RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que teremos unha xornada fantástica para a práctica do sendeirismo. Baixa, case nula probabilidade de auga, e temperaturas entre 12ºC e 6ºC  que permitirán non pasar frío nin calor en ruta. Así é que para gozar do día recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas propias da estación para ir retirando a medida que entramos en calor. A interior neste caso de novo debería ser térmica e a exterior sería recomendable que sexa impermeable, así é que a previsión de auga é moi baixa pero existente. Con todo se podedes, e tedes a vosa disposición, levade sempre na mochila unha capa tipo poncho coa que cubrirvos no caso de fallo da previsión e ter máis auga do agardado. 
Para o tren inferior o calzado ideal volve ser, para a época e esta ruta en particular, a bota tipo trekking con Gore-Tex. As polainas recomendables pero opcionais e bastóns máis que interesantes para aquelas persoas que sufren en subida-baixada pois a ruta ten un perfil complexo (vid track GPS).
RECORDATORIO: lembrade que sempre podedes levar unha muda completa que deixar no autobús.

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas. Recomendable sempre tamén levar na mochila un paraugas pequeno por se falla a previsión.

4) Horarios: 
Saída dende Pontevedra ás 09:00h (Kasa Interiorismo | Praza Galicia) 
Saída dende Ourense ás 09:00h (Café-Bar Bekas)
Saída dende Vigo ás 09:25h (Rúa Areal nº46)
Inicio da ruta
 a pé arredor das 11:30h
hora de remate aproximado será ás 17:45h (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe)