O programa de Roteiros Culturais da Universidade de Vigo chega a un dos lugares máis fermosos de Galicia: a Serra do Courel, o primeiro xeoparque de Galicia. ^-^ Faremos un percorrido de pouca distancia (13km) para que todas podamos gozar do día. Con todo valorade que haberá pendentes importantes, cun acumulado de 700 metros. Razón pola que catalogamos esta ruta como de dificultade media.
E como é norma, para que o día sexa fantástico deixamos por aquí as recomendacións para a ruta. ↓

👣 Data: sábado 30 de novembro de 2019
👣 Itinerario: Seoane - Paderne - Mercurín
👣 Distancia: 13 km
👣 Dificultade: Media
👣GPS (itinerario aproximado): https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/roteiros-culturais-2019-20-3o-paisaxes-do-outono-val-do-rio-pequeno-seoane-do-courel-43723146
> INSCRICIÓNS:
Na web: https://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.
RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que teremos de novo un tempo propio do outono. Ideal para a paisaxe de montaña que visitaremos. Razón pola que é fundamental ir ben equipadas:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas para ir retirando a medida que entramos en calor. A interior recomendamos que sexa térmica e a exterior recomendamos que sexa impermeable. E se podedes, e tedes a vosa disposición, levade na mochila unha capa tipo poncho coa que cubrir tamén a mochila no caso de moita auga.
- Para o tren inferior o calzado ideal volve ser, para a época e esta ruta en particular, a bota tipo trekking con Gore-Tex. As polainas e bastóns nesta ocasión son máis que recomendables.
RECOMENDACIÓN: levade unha muda completa que deixar no autobús e empregar ao final da ruta para volver a casa máis cómodas.
2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... Ao remate teremos unha cata de viños ^-^
3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable levar na mochila un paraugas pequeno.
4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás 07:30h (Kasa Interiorismo | Praza Galicia)
Saída dende Vigo ás 07:55h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 09:00h (Café-Bar Bekas)
Inicio da ruta a pé arredor das 11:45h
A hora de remate aproximado será ás 17:30h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe)