👣 R2/19-20_Camiño da Geira Miñoto Ribeiro. Camiño de Santiago. (Ourense)

Avanzamos no programa de Roteiros Culturais da Universidade de Vigo deste ano académico. Desta volta é a quenda do Ribeiro, terra de viño e historia. Ambas temáticas marcarán as pegadas que seguir durante 16km nun dos percorridos máis antigos a Santiago de Compostela e no que aproveitaremos para coñecer o Museo do Viño de Galicia. Ah!!! E ao rematar cata de viños por suposto!! ^-^

E como é norma, para que o día sexa fantástico deixamos por aquí as recomendacións para a ruta. ↓




👣 Data: sábado 16 de novembro de 2019
👣 Itinerario: Museo do Viño de Galicia - Adega Señorío de Beade - Balneario de Berán - Ermida de San Roque - Lebosende - Pazos de Arenteiro
👣 Distancia: 16 km 
👣 Dificultade: Baixa-Media
> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.

RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que teremos un tempo propio do outono. Ideal para camiñar entre viñedos. Con todo sempre é mellor ir ben equipadas:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas para ir retirando a medida que entramos en calor. A exterior recomendamos que sexa impermeable por se a previsión falla finalmente. Incluso se contades con ela xa sabedes que recomendamos levar na mochila unha capa tipo poncho coa que cubrir tamén a mochila no caso de moita auga. 
Para o tren inferior o calzado ideal volve ser, para a época e esta ruta en particular, a bota tipo trekking con Gore-Tex. As polainas e bastóns opcionais e sempre recomendables. 
OPCIONAL: lembrade que sempre podedes levar unha muda completa que deixar no autobús e empregar ao final da ruta para volver a casa máis cómodas. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... Ao remate teremos unha cata de viños ^-^

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable levar na mochila un paraugas pequeno.

4) Horarios: 
Saída dende Pontevedra ás 08:15h (Kasa Interiorismo | Praza Galicia) 
Saída dende Vigo ás 08:40h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 09:00h (Café-Bar Bekas)
Visita ao Museo do Viño de Galicia arredor das 10:30h
Inicio da ruta a pé arredor das 11:00h
Cata de viños na Adega Señorío de Beade arredor das 16:15h
hora de remate aproximado será ás 17:30h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe)