👣 Ruta 9 Da Montaña ao Mar II - Pasadizos do Paiva (Portugal)

👣 Data: sábado 16 de marzo de 2019
👣 Itinerario: Passadiços do Paiva
👣 Distancia: 11 km 
👣 Dificultade: Baixa

> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.


Are you ready? Estamos a poucas semanas de pechar o ano de roteiros e chegan as rutas máis espectaculares. A primeira nun destino mundial de todas as que adoramos o sendeirismo. Imos a Portugal!! 

RECOMENDACIÓNS:

1) As previsións apuntan a que teremos unha xornada moi boa para coñecer os famosos Pasadizos do Paiva. Sol e nubes con temperaturas arredor dos 16º!! 

Por iso:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas para ir retirando a medida que entramos en calor.  
Para o tren inferior o calzado ideal é zapatilla tipo trekking. Gore-Tex e polainas non necesarias. 

A ruta é moi sinxela polo que os bastóns non son necesarios agás na primeira baixada que durante 1 km salvaremos 300 metros de desnivel. Así que valorade vós. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable levar na mochila un paraugas pequeno e unha capa para afrontar calquera cambio de última hora na climatoloxía.

Lembrade que podedes deixar unha muda ou o que necesitedes no autobús.


4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás 07:30h (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás 07:55h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 08:00h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe / aproximado 20h ou 20:30h)