👣 Data: sábado 23 de febreiro de 2019
👣 Itinerario: Campus Universitario de Ourense - Mende - Santomé - Campus Universitario
👣 Distancia: 15-20 km
👣 Dificultade: Media
> INSCRICIÓNS:
20 anos de rutas, de camiños, de amizades, de conversas, de paisaxes, de monumentos, de gastronomía, de viños, de retos... esta fin de semana celebramos #20anosRutasCulturais repetindo o primeiro roteiro de 1999. 20 anos!!! ...temos compañeiros e compañeiras de viaxe que non habían nacido cando comezamos con esta xeira. 20 anos!!!
RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada de primavera. Un tempo ideal para unha xornada festiva. Sol e máximas de 23º!! Por iso:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas para ir retirando a medida que entramos en calor.
- Para o tren inferior o calzado ideal é bota ou zapatilla tipo trekking. Gore-Tex e polainas optativas.
2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas...
3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable levar na mochila un paraugas pequeno e unha capa para afrontar calquera chaparrón.
Recomendable tamén desta volta ter en conta o sol (crema, viseira...)
Recomendable tamén desta volta ter en conta o sol (crema, viseira...)
4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás ¿?h (Praza Galicia nº5)
Saída dende Vigo ás ¿?h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 10:00h (Café-Bar Bekas)
A hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe