👣🍄 Ruta 4 - Micoloxía e Magosto / Nogueira de Ramuín (Ourense)

👣 Data: sábado 15 de decembro de 2018 
👣 Itinerario:  Armariz - Requeixo - Montecelo
👣 Distancia: 15-20 km 
👣 Dificultade: Baixa
> NOTA: A ruta inclúe unha xornada formativa sobre o fascinante mundo das setas. Recoñecemento, fotografía, recollida... todo para rematar cunha degustación dos produtos do outono e un festivo magosto con chourizo, castañas, viño e moitos agasallos que repartir. 
Colaboración: Asociación Micolóxica Os Cogordos.

> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.



RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada propia do final do outono. Temperaturas máximas de 16ºC e ceos grises con probabilidade de algo de auga. É por isto, e en base ao coñecemento do ititnerario, recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas. A exterior impermeable. Ideal tipo capa 👉 https://goo.gl/aN6csb para gardar na mochila se non é necesaria.
Para o tren inferior o calzado ideal é bota tipo trekking. Gore-Tex e polainas opcional. E recomendable, pero non obrigatorio, levar pantalóns impermeables tamén na mochila para facer uso deles en caso de moita auga. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... pero lembrade que ao rematar teremos un bo xantar de empanada, chourizo, viño...😋

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre levar na mochila un paraugas pequeno

Sempre é recomendable levar unha muda completa para deixar no autobús e poder cambiarse en caso de que a previsión falle e podamos volver así secos aos lugares de orixe. Podedes deixar no autobús o que necesitedes.

4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás PENDENTE DE CONFIRMAR (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás PENDENTE DE CONFIRMAR (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9:30h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17:30h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).