👣 Ruta 3 - Viño e Paisaxe / Castro Caldelas (Ourense)

👣 Data: sábado 24 de novembro de 2018 
👣 Itinerario:  Castro Caldelas - Miradoiro de Catasós - Mosteiro de Abeleda
👣 Distancia: 15-20 km 
👣 Dificultade: Media
> NOTA: A ruta inclúe paradas interpretativas para coñecer a singular morfoloxía da Ribeira Sacra e unha degustación dos seus mellores caldos nunha adega da zona.

> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.


Despois das augas mineromedicinais de Baños de Molgas e as fermosas ribeiras da Ruta da Pedra e Auga saltamos agora á Ribeira Sacra, un verdadeiro Patrimonio da Humanidade teña ou non o título aínda. 🤪 

E se falamos da Ribeira Sacra falamos da Denominación de Orixe e dos seus viños polo que preparadas para brindar 🍷🥂🍷

RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada propia do outono. Temperaturas próximas aos 10ºC e ceos grises. É por isto, e en base ao coñecemento do ititnerario, recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas. A exterior impermeable. Ideal tipo capa para cubrir a mochila tamén. Tipo 👉 https://goo.gl/aN6csb
Para o tren inferior o calzado ideal é bota tipo trekking. Gore-Tex e polainas recomendable. E máis que recomendable levar pantalóns impermeables tamén na mochila para facer uso deles en caso de moita auga. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... non beber moita auga que logo non gozades cos bos caldos da zona 😋

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre, nesta ocasión NECESARIO, levar na mochila un paraugas pequeno

Neste caso, tendo en conta o perfil da ruta é moi recomendable levar bastóns de trekking para axudar nas baixadas. Asemade, e malia a non ser obrigatorio, si é recomendable levar unha muda completa para deixar no autobús e poder cambiarse en caso de que a previsión falle e podamos volver así secos aos lugares de orixe. 

4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás PENDENTE DE CONFIRMAR (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás PENDENTE DE CONFIRMAR (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9:00h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).