👣 Data: sábado 10 de novembro de 2018
👣 Itinerario: Mosteiro Armenteira - Aldea Labrega Cabeza de Boi - Río San Martiño - Vilar
👣 Distancia: 15-20 km
👣 Dificultade: Baixa
👣GPS (itinerario aproximado): https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-2-18-19-uvigo-auga-e-pedra-meis-pontevedra-30318943
> NOTA: A ruta inclúe paradas interpretativas para coñecer o patrimonio do municipio (Mosteiro de Armenteira, muíños do Río San Martiño, San Salvador de Meis...)
> INSCRICIÓNS:
Despois de coñecer as augas mineromedicinais de Baños de Molgas imos cara outras augas máis próximas á costa. Combinaremos dúas rutas, unha moi famosa (Pedra e Auga) e outra menos (San Martiño) pero igualmente fermosa. Percorrido cómodo pero en constante ascenso para ir collendo forma. 🤪
RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada complicada, chea de cores do outono. A temperatura non será baixa pero teremos moita auga, e algo de pedra tamén!! 😅 É por isto, e en base ao coñecemento do ititnerario, recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas. A exterior impermeable. Ideal tipo capa para cubrir a mochila tamén. Tipo 👉 https://goo.gl/aN6csb
- Para o tren inferior o calzado ideal é bota tipo trekking. Gore-Tex e polainas recomendable. E máis que recomendable levar pantalóns impermeables tamén.
2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas...
3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre, nesta ocasión NECESARIO, levar na mochila un paraugas pequeno.
*****LEVAR UNHA MUDA COMPLETA PARA DEIXAR NO AUTOBÚS E PODER CAMBIARSE AO REMATAR A RUTA DE MODO QUE PODAMOS VOLVER SECOS AOS LUGARES DE ORIXE*****
4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás PENDENTE DE CONFIRMAR (Praza Galicia nº5)
Saída dende Vigo ás PENDENTE DE CONFIRMAR (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9:00h (Café-Bar Bekas)
A hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).