👣 Ruta 1 - Historia e Saúde / Baños de Molgas (OU)

👣 Data: sábado 20 de outubro de 2018 
👣 Itinerario:  Baños de Molgas (Estación) - Sta. Eufemia (fonte  e capela) - Ponte Ambía - Baños de Molgas (Balneario)
👣 Distancia: 15-20 km 
👣 Dificultade: Baixa

> NOTA: A ruta inclúe paradas interpretativas para coñecer o patrimonio do municipio (Capela de Santa Eufemia...). Ao remate da ruta teremos a oportunidade de coñecer en primeira persoa os tratamentos do Balneario de Baños de Molgas e sortearanse varios tratamentos termais.

> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.

 

Comezamos a tempada cunha ruta sinxela pero ben fermosa. Combinaremos o paseo por fantásticas fragas e corgas coa visita a monumentos únicos en Galicia como a Capela de Santa Eufemia de Ambía. Un monumento catalogado dende hai décadas que sitúa Baños de Molgas no mapa europeo da Arte Prerrománica. Unha xoia agochada no interior de Ourense. 

E para rematar teremos a sorte de coñecer o Balneario de Baños de Molgas e participar nun sorteo de tratamentos termais.

RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada propia do outono. Sol e nubes cunha boa oscilación térmica. É por isto, e en base ao coñecemento do ititnerario, recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas. Procuramos con isto ir retirando capas a medida que entramos en calor. 
- Para o tren inferior o calzado ideal é zapatilla baixa tipo trekking. Gore-Tex e polainas opcional. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno, capa ou semellante que cubra un posible fallo na previsión. 

4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás PENDENTE DE CONFIRMAR (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás PENDENTE DE CONFIRMAR (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9:30h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).