Data: sábado 17 de marzo de 2018
Itinerario: Santiago Rubiás - Tosende - Meaus - Rubiás - Camiño Privilexiado
Distancia: 15 km
Dificultade: Baixa
Itinerario: Santiago Rubiás - Tosende - Meaus - Rubiás - Camiño Privilexiado
Distancia: 15 km
Dificultade: Baixa
> INSCRICIÓNS:
Na web: https://deporxest.uvigo.es/
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.
Rematamos o ciclo de montaña pero aínda non baixamos ao mar, desta volta quedaremos na penechaira, aos pés da Serra do Larouco. En concreto viaxamos á Andorra galega, a primeira república ibérica. Viaxamos ao Couto Mixto.
Unha ruta sinxela pero con moita presencia de auga, razón pola que é moi importante ATENDER AS RECOMENDACIÓNS DE EQUIPAMENTO PARA PASAR UNHA BOA XORNADA:
Unha ruta sinxela pero con moita presencia de auga, razón pola que é moi importante ATENDER AS RECOMENDACIÓNS DE EQUIPAMENTO PARA PASAR UNHA BOA XORNADA:
1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada gris, con posibilidade de auga e temperaturas baixas. É por isto, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas. Recomendable que a exterior sexa impermeable e a interior polar. Procuramos con isto non mollarnos, cortar o vento e abrigarnos ao tempo que podemos ir retirando capas a medida que entramos en calor.
- Para o tren inferior para esta ruta o calzado ideal é bota con Gore-Tex e polainas.
2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas...
3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno, capa ou semellante.
A PREVISIÓN É DE AUGA POLO QUE É RECOMENDABLE LEVAR UNHA MUDA COMPLETA PARA PODER VOLVER SECOS A CASA DESPOIS DA RUTA. (Willy incluído;)
4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás 8:00h (Praza Galicia nº5)
Saída dende Vigo ás 8:25h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Vigo ás 8:25h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9:00h (Café-Bar Bekas)
A hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).