Corrubedo, a duna móbil máis grande de Galicia

Data: sábado 7 de abril de 2018 
Itinerario:  Corrubedo - Faro - Teira - Olveira - Duna móbil - Corrubedo
Distancia: 17,5 km 
Dificultade: Baixa
GPS:
> NOTA: a ruta inclúe visita ao Centro de Interpretación Parque Natural de Corrubedo

> INSCRICIÓNS:

Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.



Das montañas do Larouco, na Andorra galega, pasamos agora ao nivel do mar cunha ruta na contorna do Parque Natural de Corrubedo. Un lugar único en Galicia que conserva a duna móbil máis grande do país. 

O percorrido será moi sinxelo, pero igualmente é moi importante ATENDER AS RECOMENDACIÓNS DE EQUIPAMENTO PARA PASAR UNHA XORNADA SEN NINGÚN TIPO DE PROBLEMAS:


1) Por mor das previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es e o recoñecemento por parte do staff do ititnerario, RECOMENDAMOS:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas. Recomendable que a exterior sexa impermeable e a interior polar. Procuramos con isto estar preparadas para calquera variación na previsión (non mollarnos, cortar o vento e abrigarnos) ao tempo que podemos ir retirando capas a medida que entramos en calor. 

- Para o tren inferior para esta ruta o calzado ideal é zapatilla baixa, recomendable con Gore-Tex. Polainas e bastóns opcionais. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno, capa ou semellante. 

SEMPRE É RECOMENDABLE LEVAR UNHA MUDA QUE DEIXAR NO BUS, NESTE CASO ESPECIALMENTE PARA AQUELAS PERSOAS QUE TEÑADES PENSADO PEGARVOS O PRIMIEIRO BAÑO DO ANO ;)

4) Horarios:

Saída dende Ourense ás 8:30h (Café-Bar Bekas)
Saída dende Vigo ás 8:45h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Pontevedra ás 9:10h (Praza Galicia nº5) 
hora de remate aproximado será ás 17:30h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).