Camiñar sobre as augas de Mondariz

Data: sábado 18 de novembro de 2017
Itinerario:  Mondariz (Balneario) - San Martiño de Frades - Pasos do Tatín - Mondariz (Balneario) 
Distancia: 18 km
Dificultade: baixa 
GPS: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=20865221

> NOTA: a ruta inclúe paradas interpretativas no camiño e visita incluída ao fermoso e histórico Gran Hotel Balneario Port.

> INSCRICIÓNS:

Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.



Avanzamos no programa de roteiros deste ano 2017/18, desta volta camiñando sobre as saudables augas de Mondariz. Cun fermoso percorrido polos ríos Tea, Aloal e Regueiro remataremos coñecendo a historia, composición e características das augas mineromediciñais deste lugar que lle deron fama internacional. 


As nosas recomendacións de equipamento para a ruta:

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos de novo unha xornada ideal para camiñar. A sensación térmica será moi agradable para a práctica do sendeirismo (8/16ºC). 

É por todo o anterior, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas (recomendable que a exterior sexa impermeable) para cortar o vento, frío e auga ao tempo que podemos ir retirando a medida que entramos en calor. 

Moi recomendable tamén levar equipo complementario na mochila cun poncho-chuvasqueiro por se as previsións fallan. Mellor previr que curar... ;) 

- Para o tren inferior o calzado ideal para esta ruta é zapatilla baixa de Trecking con Gore-Tex (polainas opcionais).

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... :P Lembrade que ao fin da ruta será ben doce :P

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno. 

4) Horarios:

Saída dende Pontevedra ás ¿? (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás ¿? (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9.00 (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será as 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).