Unha ruta de altura no "Himalaya" galego

Data:sábado 25 de marzo de 2017
Itinerario:  Mina Alto do Campo, Campo de Valborraz, La Cabrita, Alto del Colladín, Lagoa do Penedo, Alto del Colladín, La Cabrita, Mina Alto do Campo
Distancia: 12 km
Dificultade: media-alta



Bonus Track: A ruta de recoñecemento realizada polo STAFF non é apta para principiantes e debe realizarse obrigatoriamente con material de montaña adaptado á climatoloxía (GPS, crampóns, piolet, etc.) 


Avanzamos cara a penúltima ruta do ciclo de montaña deste ano 2017 tentando poder acceder á Lagoa do Penedo e bicarlle os pés á Peña Surbia (2116m), só uns metriños baixo os 2127m do teito de Galicia (Peña Trevinca). 

Unha ruta de iniciación á alta montaña na que aproveitaremos para descubrir algunhas curiosidades deste deporte que demanda ir moi ben preparados para afrontala co máximo de garantías. 

É por isto que É OBRIGATORIO:

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es non son moi optimistas e apuntan a que teremos moitas posibilidades de pisar neve e camiñar con ela durante boa parte da xornada. Así é que agardamos unha sensación térmica baixo cero e bastantes probabilidades de auga. En base a tal e ao coñecemento do ititnerario será OBRIGATORIO:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas (1ª interior térmica, 2ª polar e 3ª exterior impermeable) para abrigar e tamén para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. 

Equipo complementario na mochila tipo poncho-chuvasqueiro por se en lugar de neve temos moita auga. E como nas anteriores rutas gorros, luvas e bragas polares pois estaremos moi próximos aos 2000 metros altura.

- Para o tren inferior o calzado ideal para esta ruta é bota de Trecking con Gore-Tex e polainas. 

- Levar bastóns con rosetas de neve, moi necesarios tanto na fase de ascenso como de descenso. 

Será necesario deixar unha muda no bus para poder cambiarnos ao remate da ruta e volver secos a casa. :)

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... :P 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno. 

4) Horarios: 
Saída Pontevedra ás 7.00 (Praza Galicia nº5)
Saída dende Vigo ás 7.25 (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9.00 (Café-Bar Bekas)
Punto de encontro ás 11.30 (Mesón O Teixadal - Casaio)

hora de remate aproximado será as 18:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).