Magosto 2015

Data: sábado 12 de decembro
Itinerario: Ourense, Parque Botánico do Montealegre, Área Recreativa de Santa Marta
Distancia: 15 km



E chegou a ruta na que ningunha persoa consulta o percorrido. O motivo? Porque o que en verdade interesa é o xantar e a festa final!!! Pero para ter un día perfecto atent@s:

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un moi bo día para a práctica do sendeirismo. Con algo de frío pero cun sol fantástico para camiñar!! Así é que as temperaturas mínimas serán de 3º e as máximas de só 12º. Con todo un ceo pouco anubrado garante un día fantástico. Recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo, transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería bota baixa tipo Trecking con Gore-Tex. Desta volta non recomendamos o uso de
 polainas nin de outros complementos como bastóns. Pero queda da man de cada quen, asemade lembrar que podemos deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. ;)

2) Desta volta remataremos cun xantar popular típico de Ourense, un magosto con chourizos e castañas, malia a todo se algunha persoa quere traer un pequeno avituallamento(bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas...) queda da súa man. IMPORTANTE SEMPRE TRAER BEBIDAS, xa que durante o percorrido existen poucos puntos de auga.


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Se tedes espazo na mochila unha GORRA OU VISEIRA xa sabedes que nunca está mal para ir 100% preparados para calquera imprevisto. 

4) Horarios: Os de Ourense ás 9:30 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web