Outono nas fragas

Data: sábado 14 de novembro
Itinerario: A Ponte, Pardiñeiro, O Rial, As Caldas, A Ponte
Distancia: 17.5 km
Itinerario para GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4104880 


Entramos no outono descubrindo un lugar máxico agochado ao pé da Cañiza. Unha ruta das Fragas e levadas do Calvo e Deva deseñada e recuperada pola Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños de Parada de Achas. E para gozar do día:

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un moi bo día para a práctica do sendeirismo. As temperaturas mínimas serán algo baixas (7º) pero cunhas máximas de 19º e un ceo pouco anubrado garanten un día fantástico. Con todo o percorrido discorre próximo a zonas de auga que recomendan:

- Para a parte superior levar roupa transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería bota tipo Trecking con Gore-Tex e recomendamos desta volta o uso de
 polainas e outros complementos como bastóns. Asemade recomendamos deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. ;)

2) Recomendamos tamén, e como é norma, traer avituallamento(bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas...) INSISTIMOS NO DE BEBIDAS, xa que durante o percorrido existen poucos puntos de auga.


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Se tedes espazo na mochila unha GORRA OU VISEIRA e PARAUGAS PEQUENO xa sabedes que nunca está mal para ir 100% preparados para calquera imprevisto. 

4) Horarios: Os de Ourense ás 9:00 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web