List@s para conquistar O Grove?

Data: sábado 7 de febreiro

Itinerario: A Lanzada, San Vicente, O Carreiro, O Grove
Distancia: 21 km
Nota: Existirá a posibilidade de bañarse na praia (en función do tempo)




Só restan 3 rutas para rematar a temporada 2014/2015 dos Roteiros Culturais da Universidade (sen contar a extraordinaria saída do Camiño de Santiago de maio da que pronto colaremos máis info).  E xa cheira a primavera, no interior aparecen as mimosas e no litoral o mar comeza a actuar de polo de atracción. Así é que este finde tiramos cara a praia, e coa previsión que temos máis dun tomará o primeiro baño do ano. 

As nosas xa clásicas recomendacións: 

1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) fala de que teremos un día fantástico con temperaturas mínimas de 9º, máximas de 20º e un fermoso sol no alto durante toda a xornada. Así é que recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente.

- Para o tren inferior o camiño é moi sinxelo, con pouco desnivel, praias e carreiros polo que o ideal sería zapatilla baixa tipo Trecking. 
Non será necesario nin polainas nin outros complementos como bastóns. De todos modos quen o use avanti!! ;)

Lembrade que podedes deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. Esencial calzado e calcetíns!!! 

2) Recomendamos tamén, e como é norma, traer avituallamento(bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas...) INSISTIMOS NO DE BEBIDAS, xa que en días calurosos bebemos o dobre dunha xornada normal.


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. E importante tamén GORRA OU VISEIRA.

4) Horarios: Os de Ourense ás 8:30 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web