Do mar ao río ... á Ribeira Sacra

Data: sábado 21 de febreiro
Itinerario: Priorato da Cova, Arxúa, Igrexa Santo Andrés Ribeiras do Miño, Valboa, Marce, Seoane, Igrexa Santo Estevo de Atán, Cima de Atán
Distancia: 17 km


Despois do suave paseo polo litoral da Lanzada e O Grove remontamos o Río Miño cara o interior ata a Ribeira Sacra. Pero unha Ribeira Sacra descoñecida, máis verde, antropizada e funcional que a do Río Sil. Este sábado continuamos o PRG-162 da Ribeira Sacra do Miño. 

As nosas xa clásicas recomendacións: 

1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) fala de que teremos un bo día para a práctica do sendeirismo. As temperaturas mínimas de 4º e máximas de 18º xunto cun ceo anubrado aconsellan:

- Para a parte superior levar roupa transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o camiño é dos coñecidos "rompe pernas", con non moita distancia lineal pero si sendeiros e carreiros de gran desnivel tanto en baixada como en subida, fortes paredes e firme pouco estable. Xa que logo o ideal sería zapatilla baixa tipo Trecking e se ben non son
 necesarias as polainas outros complementos como BASTÓNS son de grande utilidade. 

Lembrade que podedes deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. ;)

2) Recomendamos tamén, e como é norma, traer avituallamento(bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas...) INSISTIMOS NO DE BEBIDAS, xa que chegan días calurosos e bebemos o dobre dunha xornada normal. Aínda máis considerando o perfil da ruta.


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. E importante tamén GORRA OU VISEIRA.

4) Horarios: Os de Ourense ás 9:00 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web