Á chuvia... á chuvia... pois bañador!!

Ruta 2 / 2014-2015 _ Ourense Termal

Data: sábado 8 de novembro
Itinerario: Campus As Lagoas, E.Castadón, E.Cachamuíña, Castro de Santomé, Oira, Chavasqueira, O Tinteiro, Muíño da Veiga, Balneario de Outariz
Distancia: 23 km
Nota: A ruta inclúe visita guiada ao Castro de Santomé e baño no Complexo Terma de Outariz (Grupo Ibernisha, S.L.)



Chega a segunda ruta do ano e a previsión meteorolóxica non é moi boa a verdade. Os modelos numéricos de Meteogalicia falan de chuvia moderada para primeira hora da mañá e máis intensa contra o mediodía, pero como a esa hora estaremos ben mollados no balneario de Outariz pois tampouco pasa nada non? ;)

O percorrido é moi suave e, malia a ser 23 km, o desnivel acumulado é moi reducido polo que a dificultade é baixa. Coma sempre, as nosas recomendacións específicas:

1) Como decimos a previsión do tempo fala de auga e temperaturas baixas, entre 9º e 14º, polo que sumado ao estado do terreo aconsellamos levar roupa de abrigo e preparada para a auga, preferentemente en capas para ir quitando a medida que entremos en calor. Para a parte superior recomendamos levar un chuvasqueiro transpirable, un pantalón de augas ou semellante para o tren inferior e como calzado aconsellamos zapatillas baixas tipo trecking pero con Gore-Tex ou aptas para a auga. E como somos ben galegos un paraugas nunca sobra. ;)


2) Malia a que ao fin da ruta no Balneairo a empresa Ibernisha S.L. convidará a un pequeno avituallamento recomendamos traer tamén algo complementario de sólidos (bocadillo, froita, froitos secos, etc.)  e líquidos (auga, bebidas isotónicas...)

3) Equipo aconsellable: mochila pequena con apósitos para as bochas, bañador, toalla, chanclas e  muda completa para cambiar despois do baño no balneario.

4)
Horarios: Os de Ourense ás 9:00 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra contactade co Servizo de Deportes dos vosos Campus para concretar hora e lugar. En principio e segundo publican na web: proximidades Cafetín (Po) ás 07.45, do Areal (Vi) ás 08.10