Praia ou montaña??

Despois da senlleira ruta polo segundo pico máis alto de Portugal (O Pico Nevosa), non abandonamos o país irmán e descendemos do alto das montañas ata as fantásticas praias lusas entre a foz do Miño e a do Lima. Un paseo de case 23 km cun desnivel mínimo onde malia a ter a presencia constante do mar a nosa dereita a paisaxe é moi variada entre piñeiros, monte baixo, campos de cultivo, etc. Podedes botarlle unha ollada ás fotos de recoñecemento premendo aquí e á ruta a continuación:


A ter en conta:

1) A previsión do tempo a día de hoxe fala dunha xornada gris con posibilidade de auga en momentos puntuais do día e temperaturas arredor dos 15º. Previsión que sumada ao recoñecemento do terreo aconsella levar roupa lixeira en diferentes capas para ir quitando a medida que entremos en calor. Para a parte superior teremos que levar tamén un chuvasqueiro transpirable. Como calzado aconsellamos zapatillas baixas tipo trecking pero con Gore-Tex ou aptas para pasar por zonas con auga. 

2) Traede coma sempre o avituallamento (bocadillo, froita, froitos secos, bebidas etc.)

3) Equipo aconsellable: mochila pequena con apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns) para deixar no bus, navalla, cantimplora ou similar con auga. Ademais, e aínda que a previsión non é moi boa, está contemplado dar un tempo para un chapuzón polo que bañador e toalla se queredes tomar as primeiras augas de 2014. 

4) A actividade inclúe ao rematar a ruta unha pequena visita ao conxunto arqueolóxico, histórico e artístico de Santa Luzía polo que a xornada rematará arredor das 18:00 h.


5) Horarios: OLLO!!! IMPORTANTE!!!! Os de Ourense saímos ás 8:00 dende Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra contactade co Servizo de Deportes dos vosos Campus para concretar hora e lugar.

Vémonos na praiaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!