Xa
resta menos para a primeira andaina deste 2014. Será o próximo sábado 25 e desta volta
achegarémonos ao sur da provincia de Ourense para camiñar por onde
outros xa o fixeron fai 2000 anos!!! Pola famosa VIA NOVA, unha calzada de época romana que unía as cidades de Braga con Astorga, malia a que nós obviamente só faremos unha etapa de 20 km. Se queredes botarlle unha ollada á ruta, tal e como é norma este ano, xa a publicamos para que vexades a distancia,
perfil... E como podedes comprobar será suave pero
intensa para baixar os kg do turrón do nadal hehehehe...
E se queredes botarlle unha ollada ás paisaxes tamén tedes oportunidade de facelo na nosa páxina de Facebook. Alí veredes por exemplo a preciosa capela de Santa Comba de Bande que coñeceremos da man dos nosos colaboradores da Facultade de Historia de Ourense.