A derradeira de 2013. Imos de magosto!!!

Este sábado temos o derradeiro roteiro deste ano 2013. Unha ruta por Ourense cidade e contorna que rematará, como todos os anos, cun bo magosto despedida do outono e do ano. Toda unha celebración!!! 100% ourensana por suposto...e coma sempre con sorteos!!! 

Consellos para a xornada:

1) A previsión do tempo é boa, con menos frío que estes días. De todos modos a previsión fala de choiva o venres polo que é probable que pasemos por zonas con auga. Con tal aconsellamos traer polares de cremallera en diferentes capas para ir quitando a medida que entremos en calor así como calzado preparado para a auga: botas ou zapatilla de trecking con Gore-Tex!! 



2) Desta volta remataremos cun bo xantar polo que o avituallamento (froita, froitos secos, bebidas etc.) que sexa moderado hehehe... 

3) Equipo aconsellable: mochila pequena con apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar con auga.

4) A actividade rematará arredor das 17:00 h.

5) Horarios: seguen madrugando os de Vigo e Pontevedra. Os de Ourense ás 9:00 en Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra contactade co Servizo de Deportes dos vosos Campus para concretar hora e lugar. 

Imos de magosto!!!!!