O terceiro roteiro será algo diferente

Xa resta pouco para a terceira ruta deste ano. Unha ruta que será moi singular con respecto ás dúas anteriores. Mudamos a ribeira pola penechaira, unha paisaxe moi diferente a todo o que levamos camiñado este ano, con catro atractivos esenciais:

- visitar o castro de Saceda
- comprender in situ o desastre dun incendio forestal como o deste verán
- visitar o castro de San Millao
- comprender como sería esa zona de non ser polo incencido, soutos de castiñeiros, viñedos, etc.

E coma sempre algúns consellos para gozar dunha xornada única:

1) A previsión do tempo é boa, aínda que con moito frío. Se confiamos nos modelos numéricos de Meteogalicia, aínda que na anterior ruta fallaron, non necesitaremos nada de roupa de augas. Malia isto si baixarán as temperaturas polo que aconsellamos traer polares de cremallera en diferentes capas para ir quitando a medida que entremos en calor. O que chaman "efecto cebola non é?" hehehehe...

Por todo isto e por coñecer de primeira man o terreo, sendo na súa maioría por pistas e camiños sen poucas trabas, a nosa recomendación é de calzado baixo, tipo zapatilla de trecking, con Gore-Tex!! 



2) Traede, coma sempre un petisco de avituallamento (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas etc.). 

3) Equipo aconsellable: mochila pequena con apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar con auga.

4) A actividade rematará arredor das 16:00 h.

5) Horarios: seguen madrugando os de Vigo e Pontevedra. Os de Ourense ás 9:00 en Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra contactade co Servizo de Deportes dos vosos Campus para concretar hora e lugar. 

Para que vos fagades unha idea da ruta colamos estas imaxes do álbume que tedes en Facebook da ruta de recoñecemento do territorio que fixemos fai un par de semanas. 

O verde esperanza baixo o negro futuro marcado polas consecuencias do lume deste verán