Chegou a segunda, chegou a Ribeira Sacra

Resta menos dunha semana para a segunda ruta do ano, e coma sempre algúns consellos:

1) A previsión do tempo de novo é regular. Os modelos numéricos de Meteogalicia falan de algo de choiva pero moi pouca. Ademais baixarán as temperaturas. A día de hoxe presentan a máxima do sábado tan alta como a mínima destes días. Por todo isto e por coñecer de primeira man o terreo, sendo na súa maioría por camiños tipo verea e carreiros moi afectados pola auga destas semanas, a nosa recomendación de novo é de calzado tipo bota. Bendito Gore-Tex!! 


2) Traede, coma sempre un petisco de avituallamento (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas etc.). 

3) Equipo aconsellable: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar con auga.


4) Ao remate teremos un paseo en barco polo Río Sil!! Polo que rematará a actividade a media tarde.

5) Horarios: desta volta tócavos madrugar aos de Vigo e Pontevedra. Ás 9:00 en Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra contactade co Servizo de Deportes dos vosos Campus para concretar hora. 

Para que vos fagades unha idea da ruta colamos estas imaxes do álbume que tedes en Facebook da ruta de recoñecemento do territorio que fixemos fai un par de semanas.