Terceiro roteiro cultural do ano
académico 2013/2014 na Universidade de Vigo coordinado José García Calvo
"Willy". Unha ruta para iniciados!!! Xa que as condicións de serra aos
pés do Larouco achegan unha imaxe completamente diferente ás ribeiras
visitadas nos anteriores roteiros.
A xornada comezaba no monumental Castro da Saceda coas explicacións do arqueólogo Martiño Xosé Vázquez, responsable de achegarnos este xacemento e o Castro de San Millao carentes por completo ambos de sinaléctica ou outros recursos interpretativos.
O percorrido continuaba durante quilómetros polos restos do lume deste verán permitindo comprender in situ o desastre dun incendio forestal destas dimensións. Sorte que a segunda parte do roteiro, entre soutos, viñas, salgueiros mellorou en parte esta imaxe proxectando unha idea de como sería este territorio previo desastre.
Unha ruta para interpretar!!!
Nota: Parabéns ao concello de Cualedro pola limpeza do castro da Saceda. Agora a polo itinerario e sinaléctica. ;)

Se queredes botarlle unha ollada ás fotos da ruta e descargar algunha premede aquí. E se queredes a ruta xa sabedes que están todas coladas en wikiloc. Vémonos na próxima, vémonos de magosto. ;)