XIV Andaina Serra do Xurés

Despois da dureza dos 50 km de Allariz outra recomendación interesante, neste caso con menos kilómetros pero de igual beleza: a XIV Andaina pola Serra do Xurés que organiza o Concello de Muíños o próximo 2 de xuño de 2013 dende as 9 da mañá e rematando, despois de 16,6 km, para xantar, pero cun bo XANTAR!!!! hehehe....

O prezo é de 7 € e a inscrición pode realizarse en Redonet (Rúa Ervedelo, 25 -Teléf. 988 222 692- / deportesredonet@gmail.com) ata o 30 de maio. Inclúe avituallamento e autobús dende Ourense (ida e volta).