De peregrinación deportiva e cultural polo novo Camiño Portugués

De peregrinación deportiva e cultural polo novo Camiño Portugués. Con este título aparecemos hoxe no DUVI. Tamén fan unha pequena reseña de nós na axenda cultural da cidade de Ourense Tempo de Lecer. Estamos dun mediático...hehehehe


No referido á ruta, tal e como comentamos en ambas notas de prensa, non é das máis atractivas en canto a paisaxes ou monumentos, agás pola propia cidade de Chaves e a rica auga de Cabreiroá para rematar a ruta. Eso é porque non a deseñamos nós que do contrario... hehehehe.... O verdadeiro interese desta é o feito de inaugurar un tramo do camiño que foi sinalizado fai a penas seis meses. Razón pola que reducimos o número total de quilómetros e non superarán os 20 km. Deles un par de consellos:

- A predicción de MeteoGalicia para o sábado é boa. Por esto, sumado a que o percorrido é case que na súa maioría por asfalto, recomendamos deixar as botas na casa. Un calzado de perfil baixo e menos ríxido será o apropiado. Sempre que a predicción se manteña!!

- O perfil da ruta non presenta ningunha dificultade. O desnivel acumulado non supera os 90 metros. Por todo recomendamos deixar os bastóns tamén na casa, agás para as persoas que non os empreguen só como apoio en pendente.

Recordade!! Desta volta saímos unha hora antes do normal.