Chegou 2013 e con el volve a actividade dos Roteiros Culturais da UVigo. Recordade que temos unha cita o 26 de xaneiro para coñecer e apoiar o proxecto dos Sete Camiños. Pronto teredes máis info pero antes, o 24 de xaneiro, temos outra pequena ruta de apenas 7 km para descobrir o conxunto arqueolóxico e natural de Santomé. Non son moitos km pero é unha oportunidade única para visitar o lugar da man dun arqueólogo e dun ambientólogo. E ademáis é de balde!!! gratis!!! ...e para os 30 primeiros inscritos incluso con xantar incluído.
Esta actividade realízase ó abeiro da Convocatoria
2012 da Vicerreitoría de Extensión Universitaria de actividades extraacadémicas
e de difusión cultural. A ruta realizarase o día 24 de xaneiro de 2013 dende as 14:00 ata as 18:00 horas.
Inclúe, como comentamos, un pequeno xantar de balde para os 30 primeiros inscritos
(bocadillo, froita, bebida e café) e unha visita guiada ao conxunto patrimonial
de Santomé da man dun arqueólogo e dun ambientólogo.
O punto de saída e de regreso é o Edificio de
Ferro – Facultade de Historia na porta que sae á rúa Dr. Temes. (saída ás 14:00
e regreso aproximado ás 18:00 horas)
Recoméndase vir con roupa e calzado axeitado
para a práctica do sendeirismo.
Inscrición na caseta do LERD en fronte do
Reloxo do Campus de Ourense.