Hai uns días anticipámosvos que o próximo 10 de marzo se celebraría a II Andaina Cidade Universitaria, incluída este ano dentro do programa de Roteiros Culturais da UVigo. Pois xa temos máis datos:
Data: 10 de Marzo de 2013 (ollo que é DOMINGO)
Hora:
- acreditación para andaina entre as 8:30 e as 9:00 horas na Área Comercial do CUVI
- saída ás 9:00 horas
- chegada aproximada entre as 13:30 e as 14:00 horas
LUGAR DE SAÍDA E CHEGADA: Área Comercial do CUVI
O percorrido total será de 17 km con saída dende o CUVI - Muíño Maquías - Alto do Galiñeiro - Zamáns - Vilariño - CUVI. Botádelle unha ollada ó perfil:
O sistema de inscrición é o mesmo que para o resto dos Roteiros Culturais, a única diferencia é que desta volta existe a posibilidade de inscribirse só na andaina por 4 €. Con todo este prezo non inclúe dereito a transporte nin comida, polo que recomendámosvos (alomenos á xente do Campus de Pontevedra e Ourense) seguir o procedemento habitual:
- 10 € para comunidade universitaria
- 15 € para usuarios externos
Se queredes + info:
- sobre VII CARREIRA / ANDAINA 10 KM CIDADE UNIVERSITARIA 2013 premede AQUÍ
- sobre o procedemento de inscrición premede AQUÍ
Seguiremos informando, hehehehe... ;)