Manda folgos o equipo da UVigo no Marathon des Sables 2012

 Para @s que esteades interesad@s na participación do equipo da Universidade de Vigo no Marathon des Sables 2012 colamos este vídeo que alomenos dá unha idea da tremenda aventura que están enfrontando. Asemade na web Carreras de Montaña tedes unha boa crónica do evento. Por outra banda, se queredes contactar cos nosos corredores e mandarlle folgos PREMEDE AQUÍ e seguide as instruccións. 


Avante compañeir@s!!!