Un paso pola solidariedade internacional.


 Hoxe as rúas de Ourense espertaron coas pegadas da andaina solidaria Camiñamos con Unicef, unha actividade coordinada polo "noso Willy" que procuraba recadar fondos para a emerxencia nutricional do Corno de África. Esta é a homenaxe gráfica que dende o blogue dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo queremos facer a tódolos participantes que deron un paso adiante en prol da solidariedade internacional.

Participantes na andaina Camiñamos con Unicef (Ourense, 12-10-2011)