Preparade as cámaras!!!

  Seguindo a senda aberta coa creación deste blogue, dentro dunha estratexia de visibilización do rico patrimonio arqueolóxico, histórico-artístico e natural de Galicia, axuntamos unhas imaxes da prospección do terreo realizada polo "staff" dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo hoxe entre as Terras de Bouro e Lobios. Unha fermosa paraxe que retratarán as vosas cámaras na andaina do 26 de Marzo sempre e cando descarguedes tódalas fotos que tiraremos o próximo sábado 12 no espectacular Cañón do Sil e no paradigmático Mosteiro de Santo Estevo. ¿Estades inscrit@s xa?

 
   
 
 

03/03/2011_Rio Homem (Albergaria, Terras de Bouro-Portugal)
Willy, Rodrigo e Víctor (+ Martiño "trascámara")