👣 17/12/2022 | Sicenata Pacata - ruta do castelo de Parada (O Pereiro de Aguiar - Ourense)

 

👣 Pechamos 2022 cunha ruta festiva por terras de O Pereiro de Aguiar. Nesta ruta na entrada da Ribeira Sacra do Miño cada pedra agocha unha mensaxe aínda sen descifrar. Un camiño polo que discorreron persoas e mercadorías dende hai miles de anos. Enigmas que resolveremos da man de persoal especializado. A ruta inclúe iniciación á micoloxía e un magosto festivo ao rematar.

ℹ️ Tedes toda a información na URL: cutt.ly/B1cuxje

👣 Data: sábado 17 de decembro de 2022.
👣 Itinerario: Parada - San Salvador - Espiñedo - Loñoá.
👣 Distancia: 19 km.
👣 Dificultade: Media.

RECOMENDACIÓNS:

1) As previsións apuntan a que teremos un día fantástico para a práctica do sendeirismo:

...así é que coñecendo o percorrdio recomendamos de novo levar diferentes capas. Ideal roupa combinada polar e lixeira para camiñar, que podamos ir retirando en función da temperatura. No referido ao calzado o camiño e as augas destes días aconsellan levar bota con Gore-TexAs polainas e os bastóns son recomendables.

RECORDATORIO: lembrade que podedes deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada.

2) Como avituallamento bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... ao voso criterio. Ao rematar a ruta haberá un magosto festivo así que non comer moito en ruta. ;)

3) Equipo 
aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e un paraugas. 


4) Punto de encontro e horarios: 
Saída dende Pontevedra Praza Galicia
Saída dende Vigo Antiga Reitoría, Rúa Areal
Saída dende Ourense Café Perla, Pavillón Deportes UVigo

O horario comunícase por correo-e o venres anterior á ruta.