👣 29/01/22 | Camiño Portugués (pola costa)

👣 Iniciamos peregrinación a Santiago de Compostela aos pés do Océano Atlántico, ao carón do fermoso mosteiro de Santa María de Oia. Dende este punto gozaremos dun camiñar tranquilo entre cantís ata chegar á vila medieval de Baiona. Un pobo acolledor que nos permitirá poñer un pé nas Américas.
📅 Podes inscribirte a través do Campus Activo: https://cutt.ly/nINwfV5

👣 Data: sábado 29 de xanerio de 2022
👣 Itinerario: Sta. María de Oia - Mougás - Baiona
👣 Distancia: 18,6 km
👣 Dificultade: Baixa 

RECOMENDACIÓNS:

1) As previsións apuntan a que teremos un día fantástico para a práctica do sendeirismo. Sol e temperaturas moi agradables. Así é que recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas para ir retirando a medida que entremos en calor. 
Para o tren inferior o calzado ideal sería modelo baixo tipo zapatilla xa que haberá que pisar bastante asfalto. Considerando a previsión non fai falta que teña Gore-Tex
As polainas e bastóns non serán necesarios

RECORDATORIO: lembrade que sempre podedes levar unha muda completa que deixar no autobús. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas. 

4) Horarios: 
Saída dende Pontevedra ás 09:30h (Praza Galicia)
Saída dende Vigo ás 09:55h(Antiga Reitoría, Rúa Areal)
Saída dende Ourense ás 09:30h (Café Perla, Pavillón Deportes UVigo)
hora de remate aproximado será ás 18:00h (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe)