Rematamos o ano entre fragas e praias

Data: sábado 18 de marzo
Itinerario: A Fraga, Moaña, Cangas
Distancia: 14 km
Itinerario para GPS: http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9365411 


Rematamos o ano de Roteiros Culturais 2014/2015 cun pequeno paseo polo Morrazo. Dende os altos da Fraga ata o litoral de Moaña e Cangas. Un roteiro de poucos km reservando un tempo ao remate do mesmo para coñecernos, compartir, bañarnos, querernos... todo para despedirnos como é necesario ata o próximo ano académico. 

As nosas xa clásicas recomendacións: 

1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) fala de que teremos un día mixto. Comezará con ceos anubrados (incluso algo de auga) e remataremos con ceos abertos e sol. Ademais as temperaturas con mínimas de 10º e máximas de 14º xunto aconsellan:

- Para a parte superior levar roupa transpirable en varias capas, a ser posible unha exterior tipo chuvasqueiro, para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor, abre o ceo e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o ideal sería zapatilla baixa tipo Trecking con Gore-Tex e non son
 necesarias nin polainas nin outros complementos como bastón. 

Lembrade  traer bañador, toalla para gozar da praia e que podedes deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. ;)

2) Recomendamos tamén, e como é norma, traer avituallamento(bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas...) INSISTIMOS NO DE BEBIDAS, xa que son días calurosos e bebemos o dobre dunha xornada normal.


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. E importante tamén GORRA OU VISEIRA.


4) Horarios: Os de Ourense ás 9:00 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web

Publicacións populares deste blog

A derradeira entre chourizos

De finde á montaña, imos ao Xurés