Despois da neve sol e mar!!

Este sábado temos o terceiro roteiro deste ano 2014. Unha ruta de aproximadamente 19 km na que teremos a oportunidade de albiscar os fondos das rías de Vigo e Pontevedra. E despois da experiencia da neve agora toca SOL E 21º de temperatura. En serio!! Que de verdade...completamente en serio! ;)

E para que esta temperatura e ruta non muden unha xornada fantástica, algúns consellos:

1) A previsión do tempo fala de sol con máximas de 21º. Pero malia a isto, despois de recoñecer o terreo, a ruta pasa por numerosas zonas con auga. Con tal, se ben aconsellamos roupa lixeira en diferentes capas para ir quitando a medida que entremos en calor para a parte superior, aconsellamos tamén calzado preparado para a auga: botas ou zapatillas pero con Gore-Tex!! 


2) Traede coma sempre o avituallamento (bocadillo, froita, froitos secos, bebidas etc.)

3) Equipo aconsellable: mochila pequena con apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar con auga.

4) Comezaremos a camiñar arredor das 10:30 e a xornada rematará arredor das 17:00 h.



5) Horarios: IMPORTANTE MODIFICACIÓN NO HORARIO DE SAÍDA CON RESPECTO AO PROGRAMA. @s de Ourense non queremos madrugar e saímos ás 9:00 dende Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra contactade co Servizo de Deportes dos vosos Campus para concretar hora e lugar. 

E se queredes descargar o track para o GPS aquí o tedes: