Danger!! Danger!! Danger!!

Despois da polémica ruta PR-G 48 Entre Rías, que por certo na páxina da Federación Galega de Montañismo non recomendan por problemas de mantemento (algo que puidemos comprobar de primeira man), subimos do nivel do mar ata...ata case 1600 metros!!! Si!!! Ata case 1600 metros do Pico da Nevosa no Xurés. 

Na páxina de Facebook (onde colamos todas as fotos das rutas) podedes botarlle unha ollada a como será a ruta. Mañá ou o mércores en función da predicción meteorolóxica colaremos as recomendacións pero de momento unha reflexión moi importante para ter presente este sábado:

Estamos perante unha ruta de sendeirismo de alta montaña, con todos os condicionantes que esta característica ten. Razón pola que estamos perante unha ruta, tal e como aparece no programa, de dificultade alta!!! O perfil evidencia o diferencial altimétrico pero non a irregularidade do terreo polo que non confiarse dos poucos km de distancia (de feito resta engadirlle un par de km para poder acceder á estrada principal). Será unha ruta fantástica só para quen estea en boa forma e goste da montaña, para quen procure algo diferente se cadra non é moi recomendable