Calendario de andainas 2012

Pouco a pouco imos coñecendo o calendario das andainas máis inmediatas deste ano 2012. Os colegas do blogue afín Andainas por Galicia, véñen de publicar unha selección das máis destacadas. Pola nosa banda non podemos deixar de recomendar a Andaina de Ourense Capital Termal de Galicia, o vindeiro 4 de marzo, organizada polo noso Willy e que este ano alcanza xa a súa IX edición. A saída será, coma tódolos anos, ás 9:00 horas dende as termas de Outariz. O percorrido, con algunhas diferencias con respecto a edicións pasadas estará próximo ós 29 km. A partir do 13 de febreiro poderedes reservar a vosa praza no Pavillón dos Deportes dos Remedios e en Redonet, nos teléfonos 988-370-539 e 988-222-692. En canto teñamos máis info (cartaz, díptico...) a colaremos neste blogue. Seguiremos informando. ;)


Publicacións populares deste blog

A derradeira entre chourizos

De finde á montaña, imos ao Xurés