> QUE SON AS RUTAS CULTURAIS?
Son un programa de rutas da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo para todas as persoas interesadas no sendeirismo e no rico patrimonio arqueolóxico, histórico-artístico e natural de Galicia.
> INSCRICIÓNS:
En Campus Activo
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior. As inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. As persoas menores de idade deberán ir acompañadas sempre dun adulto/a responsable.
> PREZOS:
Comunidade Universitaria: con abono Muver 8€
Comunidade Universitaria: sen abono Muver 10€
Persoas tituladas na UVigo: 15€
Persoas externas da UVigo: 20€
> VANTAXES:
Concederanse 7.5 horas ECTS por cada ruta dun día de duración e 15 horas polas de dous días.> HORARIOS:
Haberá autobuses para trasladar aos participantes ao inicio de cada ruta dende os Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo. As horas de saída exactas comunicaranse por correo electrónico o venres anterior a cada ruta aínda que oscilarán sempre entre ás 07.00 h e 09.00 h da mañá.
> INFORMACIÓN DE INTERESE:
Equipo aconsellable: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra.
> CONTACTO ADMINISTRACIÓN:
Campus de Pontevedra
Cruz Vermella s/n
Tel. 986 802 088
depor-po@uvigo.es
Campus de Ourense
Edificio administrativo Campus Norte
Tel. 988 387 102
depor-ou@uvigo.es
Campus de Vigo
As Lagoas, Marcosende
Tel. 986 812 182
deportes@uvigo.es
> CONTACTO STAFF:
📧 tonivs@xeitura.com
☎️ Toni: 635 48 24 77