Medidas COVID-19

A programación para esta anualidade 2021/2022 foi deseñada con especial atención para garantir o maior grao de seguridade posible entre as persoas participantes. 

> O DESEÑO DAS RUTAS:
Todas as rutas execútanse na medida do posible nun plano de igualdade de desprazamento entre os tres campus (Vigo/Pontevedra e Ourense). Evitando viaxes longas en espazos pechados como o autobús. 

> VEHÍCULO PRIVADO:
Darase a posibilidade de desprazarse en vehículo privado promovendo a participación daqueles usuarios que non queiran viaxar en autobús pero si asistir á actividade ao aire libre. A organización implementará un sistema de recollida e transporte a puntos de inicio para aqueles que asistan no seu propio vehículo.

> ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:
Cada ruta leva un complemento cultural que se celebrará sempre ao aire libre e en zonas amplas onde se podan garantir os 2 metros de distancia entre persoas.

> MÁSCARA:
Será o uso obrigatorio de máscara durante toda a actividade. A organización sempre terá a disposición das persoas usuarias máscaras para empregar no transporte e lugares nos que non sexa posible garantir a distancia interpersoal. 

> DESINFECTANTES:
A organización porá a disposición das persoas usuarias solucións desinfectantes para mans no acceso ao autobús e naqueles lugares onde non fora posible contar con este recurso. Garantirase a desinfección dos tradicionais agasallos de cada ruta.

> TEMPERATURA:
Tomarase a temperatura ao inicio de cada actividade a todos os participantes. Non podendo participar da mesma aqueles que presenten sintomatoloxía COVID-19.

> FORMACIÓN:
Todo o persoal ao cargo da actividade estará formado en prevención da COVID-19 por entidade competente na materia.