👣 R7/19-20_ A lagoa glaciar de Sanabria. Sanabria (ZAMORA)

Superado o ecuador do programa dos Roteiros Culturais da Universidade de Vigo deste 2019/2020 chega a nosa cita anual coa montaña. Desta volta viaxaremos ao lago de orixe natural máis grande de España, e o maior lago de orixe glaciar de toda Europa. Un espazo natural único con máis de 100.000 anos de existencia. 

Faremos unha ruta sinxela pero nun contexto complexo. Razón pola que xa sabedes que, para que o día sexa fantástico e non pensemos máis que en gozar da natureza e do camiño, temos que atender ás recomendacións para a ruta. ↓




👣 Data: sábado 15 de febreiro de 2020
👣 Itinerario: circular arredor do lago
👣 Distancia: 15,5 km 
👣 Dificultade: Media (Alta se contamos con auga e/ou neve, pois existen tramos moi técnicos)
👣 GPS (itinerario aproximado): https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteiros-culturais-2019-20-7o-lago-de-sanabria-san-martin-de-castaneda-46135680

> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=2117
Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior. (Se tedes dúbidas coa inscrición poñédevos en contacto coa unidade administrativa máis próxima: Pontevedra  986 802 088, Vigo  986 812 182Ourense  988 387 102.

RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que teremos unha xornada propia da montaña e da estación do ano na que estamos. Así é que recomendamos:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas de abrigo para ir retirando a medida que entramos en calor. A interior neste caso de novo debería ser térmica e a exterior sería recomendable que sexa impermeable. Con todo se podedes, e tedes a vosa disposición, levade sempre na mochila unha capa tipo poncho coa que cubrirvos no caso de cambio na previsión e ser sorprendidos por auga/neve. 
Para o tren inferior o calzado ideal volve ser, para a época e esta ruta en particular, a bota tipo trekking con Gore-Tex. As polainas e bastóns máis que recomendables pois a ruta ten unha baixada inicial moi técnica (vid track GPS).
RECORDATORIO: lembrade que sempre podedes levar unha muda completa que deixar no autobús.

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas. Recomendable sempre tamén levar na mochila un paraugas pequeno por se falla a previsión.

4) Horarios: 
Saída dende Pontevedra ás 08:00h (Kasa Interiorismo | Praza Galicia) 
Saída dende Vigo ás 08:25h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 09:00h (Café-Bar Bekas)
Visita inicial do mosteiro de S. Martín de Castañeda ás 11:30h
Inicio da ruta a pé arredor das 12:30h
hora de remate aproximado será ás 17:30h(sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe)