👣 R5/19-20_ Birdwatching na Lagoa de Cospeito (LUGO)

programa de Roteiros Culturais da Universidade de Vigo volve neste 2020 cunha ruta única pola Lagoa de Cospeito, en Lugo. Trátase dun pequeno percorrido de intensidade baixa (para coller forma despois dos excesos de nadal) no que descubriremos, da man dun ambientólogo, a Reserva da Biosfera Terras do Miño. Un dos sistemas hídricos máis importantes do Noroeste da península, e un dos mellores lugares de Galicia para visionar aves. 
E como é norma, para que o día sexa fantástico deixamos por aquí as recomendacións para a ruta. ↓

👣 Data: sábado 11 de xaneiro de 2020
👣 Itinerario: Pumares - Bodenlle - Museo das Aves - Lagoa de Cospeito
👣 Distancia: 15 km 
👣 Dificultade: Baixa

> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.

RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que o 2020 chega frío pero con sol. Un tempo fantástico para descubrir a famosa bretema da Terra Chá. Con todo, para gozar do día e non pasar frío é necesario:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas para ir retirando a medida que entramos en calor. A interior neste caso é case obrigatorio que sexa térmica e a exterior non é necesario que sexa impermeable, así é que a previsión de auga é nula. Con todo se podedes, e tedes a vosa disposición, levade sempre na mochila unha capa tipo poncho coa que cubrirvos no caso de fallo da previsión. 
Para o tren inferior o calzado ideal volve ser, para a época e esta ruta en particular, a bota tipo trekking con Gore-Tex. As polainas son máis que recomendables pois é unha zona moi húmida. Os bastóns nesta ocasión son opcionais.
RECORDATORIO: lembrade que sempre podedes levar unha muda completa que deixar no autobús.

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas. Recomendable sempre tamén levar na mochila un paraugas pequeno por se falla a previsión.

4) Horarios: 
Saída dende Vigo ás 08:35h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Pontevedra ás 09:00h (Kasa Interiorismo | Praza Galicia) 
Saída dende Ourense ás 09:00h (Café-Bar Bekas)
Inicio da ruta a pé arredor das 11:45h
hora de remate aproximado será ás 17:30h (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe)