👣 R4/19-20_Ruta do Contrabando. Ruta micolóxica e magosto. Ribeira Sacra (Ourense)

O programa de Roteiros Culturais da Universidade de Vigo despide o 2019 dende a Ribeira Sacra. Unha fantástica paisaxe natural e cultural que é agora candidata a ser Patrimonio da Humanidade. Iso e máis!! As que levamos recoñecendo o lugar máis de vinte anos non temos dúbidas. 

O sábado 14 de decembro faremos unha ruta de pouca distancia (15km) pero con algúns tramos técnicos con fortes pendentes. É por iso que catalogamos esta ruta como de dificultade media.

E como é norma, para que o día sexa fantástico deixamos por aquí as recomendacións para a ruta. ↓


👣 Data: sábado 14 de decembro de 2019
👣 Itinerario: Luíntra - Monteverde - Parador de Santo Estevo - Pombar
👣 Distancia: 15 km 
👣 Dificultade: Media

> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.

RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que despediremos o ano de novo cun tempo propio da época. Ideal para a paisaxe de outono da Ribeira Sacra pero para a que é necesario ir ben equipadas:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas para ir retirando a medida que entramos en calor. A interior recomendamos que sexa térmica e a exterior recomendamos que sexa impermeable. E se podedes, e tedes a vosa disposición, levade na mochila unha capa tipo poncho coa que cubrir tamén a mochila no caso de moita auga. 
Para o tren inferior o calzado ideal volve ser, para a época e esta ruta en particular, a bota tipo trekking con Gore-Tex. As polainas e bastóns nesta ocasión son máis que recomendables. 
RECOMENDACIÓN: levade unha muda completa que deixar no autobús e empregar ao final da ruta para poder gozar do magosto ben cómodas. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... Ao remate teremos un MAGOSTO POPULAR con viño, castañas, chourizos, empanada... polo que xestionade ben o avituallamento que comedes en ruta para poder gozar ben da festa ao rematar. ^-^

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas. Recomendable tamén levar na mochila un paraugas pequeno. 
EQUIPO ESPECIAL PARA ESTA RUTA: o noso compañeiro Toni procurará achegarvos no percorrido o fascinante mundo dos cogomelos. Así é que se queres iniciarte na micoloxía achégate cunha navalla, unha cesta e os ollos ben abertos. 

4) Horarios: 
Saída dende Pontevedra ás 08:00h (Kasa Interiorismo | Praza Galicia) 
Saída dende Vigo ás 08:25h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 09:30h (Café-Bar Bekas)
Inicio da ruta a pé arredor das 10:30h
hora de remate aproximado será ás 17:30h (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe)