👣 R1/19-20_Ruta dous ríos, dous países. Monçao (PORTUGAL)

Outro ano máis, e xa levamos máis de 20 ^-^, volven os Roteiros Culturais da Universidade de Vigo. O mellor modo de coñecer o rico patrimonio galego cunha actividade saudable e na mellor das compañías posible. E como é norma, para que o día sexa fantástico deixamos por aquí as recomendacións para a ruta. ↓

👣 Data: sábado 19 de outubro de 2019
👣 Itinerario: Ponteareas - Ponte das Partidas - Cordeiro - Salvaterra de Miño - Monçao
👣 Distancia: 17.5 km 
👣 Dificultade: Baixa
> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.

RECOMENDACIÓNS:
1) As previsións apuntan a que comezaremos a tempada pasados por auga. Pero iso non é impedimento para gozar dun día fantástico. Só temos que ir ben equipadas. Como? Atentas:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas para ir retirando a medida que entramos en calor. Pero a exterior sempre impermeable!!! Incluso se contades con ela o ideal é levar unha capa tipo poncho coa que cubrir tamén a mochila. Teñen un prezo moi asumible e de seguro en ruta compensará cada céntimo gastado. Iso si, recomendamos que teña certa transpiración pois do contrario acabaremos igual de mollados pero de suor. ^-^
Para o tren inferior o calzado ideal é bota tipo trekking con Gore-Tex moi importante. Non pola dificultade do terreno pero si pola previsión da meteo. As polainas e bastóns opcionais. 
RECOMENDABLE (case que obrigatorio para gozar ben de todo o día): levar unha muda completa que podedes deixar no autobús e empregar ao final da ruta para volver a casa cómodas. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable levar na mochila un paraugas pequeno.

4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás 09:00h (Kasa Interiorismo | Praza Galicia) 
Saída dende Ourense ás  09:00h (Café-Bar Bekas)
Saída dende Vigo ás  09:25h (Rúa Areal nº46)
Inicio da ruta a pé arredor das 10:45
Visita ao Museo do Alvarinho de Monçao arredor das 16:30
hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe / aproximado 20h ou 20:30h)