👣 Ruta 10 Da Montaña ao Mar III - Ruta dos Faros, Laxe (A Coruña)

👣 Data: sábado 6 de abril de 2019
👣 Itinerario: Laxe-Camelle
👣 Distancia: 16 km 
👣 Dificultade: Media

> INSCRICIÓNS:
Na webhttps://deporxest.uvigo.es/ Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.




E pechamos o descenso da montaña o mar alí onde remata o mundo, camiñando ao solpor na fantástica Ruta dos Faros. Outro destino obrigado para as que adoramos o sendeirismo. E para gozar do día:


RECOMENDACIÓNS:

1) As previsións apuntan a que teremos unha xornada de auga pero aquí "no se rinde nadie!" :P  Por iso:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas para ir retirando a medida que entramos en calor. A exterior sempre impermeable!!! Se tedes o ideal é levar unha capa tipo poncho coa que cubrir tamén a mochila.
Para o tren inferior o calzado ideal é zapatilla tipo trekking con Gore-Tex moi importante. As polainas e bastóns opcionais. 

RECOMENDABLE: levar unha muda completa que podedes deixar no autobús e empregar ao final da ruta para volver a casa cómodas.

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable levar na mochila un paraugas pequeno.

4) Horarios:
Saída dende Pontevedra ás 08:10h (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás  07:45h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás  08:00h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe / aproximado 20h ou 20:30h)