Fin de semana no Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés

Datas: 05-06/05/2018
Itinerario:  Faremos dúas rutas. 

  • Sábado 05 (5 horas): Casola do Foxo, Xermeade, Clamadoira, Muíños, Albergue do Corgo.
  • Domingo 06 (3.5 horas): Via Nova dende Portela do Home. 
Dificultade: Baixa

> NOTA: a ruta inclúe paradas interpretativas

> INSCRICIÓNS:

Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.


Despedimos o ano compartindo rutas, albergue e fantásticos momentos no Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés. Ollade menudo plan:

Sábado 05/05/2018
-10:15h Xuntanza dos tres campus no Bar Fortes de Mugueimes. 
-11h Inicio de ruta 1.
-15:30h Xantar no albergue do Corgo.
-16:30h Sorteo de agasallos dos patrocionadores e mencións especiais do staff para sendeiristas.
-21:30h Cea e festa fin de temporada.

Domingo 06/05/2018
-9h Almorzo  
-10:30h Inicio de ruta 2.
-15h Xantar no albergue do Corgo.
-17h Regreso aos lugares de orixe

O percorrido será moi sinxelo e co mellor tempo para camiñar. Porén sempre é fundamental ATENDER AS RECOMENDACIÓNS DE EQUIPAMENTO PARA PASAR UNHA XORNADA SEN NINGÚN TIPO DE PROBLEMAS:


1) Por mor das previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es e o recoñecemento por parte do staff do ititnerario, RECOMENDAMOS:

PARA AS RUTAS:
- Para a parte superior levar roupa en varias capas: exterior cortaventos (impermeable por se hai calquera cambio de última hora na previsión), polar fino e a interior camisola normal. Xa sabedes, procuramos así estar preparadas para calquera variación na previsión ao tempo que podemos ir retirando capas a medida que entramos en calor. Importante valorar a posibilidade dunha gorra para as horas centrais do día.

- Para o tren inferior para esta ruta o calzado ideal é bota ou zapatilla baixa de Trecking, recomendable con Gore-Tex. Polainas e bastóns opcionais, recomendables pero non obrigatorios.

PARA O RESTO DA FIN DE SEMANA:
- Útiles de aseo (toalla, bañador, chanclas)
- Roupa para durmir (camisón, pixama)
- Muda completa e roupa de descanso para a tarde do sábado (non de sendeirismo)
- Frontal ou lanterna 

- Crema solar (recomendable factor alto nesta época do ano)

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... para comer en ruta. Lembrade que tanto as comidas do sábado e domingo como a cea do sábado serán no albergue e están incluídas no prezo. 

3) Equipo aconsellable complementario (para ruta): mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno, capa ou semellante. 

O albergue do Corgo está ao carón dunha zona de baño, se queres aproveitar a tarde do sábado xa sabes... ;) (bañador, toalla...) 

4) Horarios:

Saída dende Vigo ás ¿? (Rúa Areal nº46)
Saída dende Pontevedra ás ¿? (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Ourense ás 9h do sábado (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17h. do domingo (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).