Catedrais esculpidas polo mar, pegadas nun monumento natural

Data: sábado 21 de abril de 2018 
Itinerario:  Aeródromo de Ribadeo, Rinlo, P. Castros, P. Esteiro, P. Catedrais, P. Arealonga
Distancia: 14 km 
Dificultade: Baixa
GPS:
> NOTA: a ruta inclúe paradas interpretativas

> INSCRICIÓNS:

Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.



Despois da fantástica ruta na contorna do Parque Natural de Corrubedo seguimos a pé de mar coñecendo os máis importantes monumentos naturais de Galicia. Desta volta viaxamos ata a Praia das Catedrais!! 

O percorrido será moi sinxelo e co mellor tempo para camiñar. Igualmente sempre é fundamental ATENDER AS RECOMENDACIÓNS DE EQUIPAMENTO PARA PASAR UNHA XORNADA SEN NINGÚN TIPO DE PROBLEMAS:


1) Por mor das previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es e o recoñecemento por parte do staff do ititnerario, RECOMENDAMOS:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas. As temperaturas serán altas polo que o ideal sería: exterior cortaventos (impermeable por se hai calquera cambio de última hora na previsión), polar fino e a interior camisola normal. Xa sabedes, procuramos así estar preparadas para calquera variación na previsión ao tempo que podemos ir retirando capas a medida que entramos en calor. 

- Para o tren inferior para esta ruta o calzado ideal é zapatilla baixa, recomendable con Gore-Tex. Polainas e bastóns opcionais.

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno, capa ou semellante. 

SEMPRE É RECOMENDABLE LEVAR UNHA MUDA QUE DEIXAR NO BUS, NESTE CASO ESPECIALMENTE PARA AQUELAS PERSOAS QUE TEÑADES PENSADO PEGARVOS O PRIMIEIRO BAÑO DO ANO ;) DEIXAREMOS ENTRE 1 E 2 HORAS PARA QUEN QUEIRA PODA BAÑARSE. 

4) Horarios:

Saída dende Vigo ás 8:00h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Pontevedra ás 8:25h (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Ourense ás 8:30h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17:30h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).