"Año de nieves..." Ruta por Manzaneda

Data: sábado 17 de febreiro de 2018 
Itinerario:  Estación de Montaña de Manzaneda
Distancia: 14 km 
Dificultade: media
> INSCRICIÓNS:

Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.





Despois do primeiro contacto coa neve en Montederramo seguimos o ciclo cunha fantástica ruta na Estación de Montaña de Manzaneda e os seus 1776 metros sobre o nivel do mar. Por isto é FUNDAMENTAL ATENDER A ESTAS RECOMENDACIÓNS DE EQUIPAMENTO:

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada propia de montaña. Temperaturas baixas e posibilidade de neve. É por isto, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas. Recomendable que a exterior sexa impermeable e a interior polar. Procuramos con isto non mollarnos, cortar o vento e abrigarnos ao tempo que podemos ir retirando capas a medida que entramos en calor. 

- Para o tren inferior para esta ruta o calzado ideal é bota con Gore-Tex e polainas

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno ou semellante. 

PARA ESTA RUTA RECOMENDAMOS LEVAR BASTÓNS DE TRAVESÍA CON ROSETAS. Asemade, aquelas persoas que dispoñan de raquetas de neve terán a oportunidade de sacarlle partido ;)  

OBRIGATORIO LEVAR UNHA MUDA COMPLETA PARA PODER VOLVER SECOS A CASA DESPOIS DA RUTA. 

4) Horarios:

Saída dende Pontevedra ás 7:45h (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás 8:10h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9:00h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).