Ruta por Montederramo, comeza o ciclo de montaña

Data: sábado 27 de xaneiro de 2018 
Itinerario:  Montederramo - Bidueiral - Montederramo
Distancia: 19 km
Dificultade: media - alta 

> NOTA: a ruta inclúe visita guiada ao mosteiro de Montederramo. 

> INSCRICIÓNS:

Prazos: Dende 15 días antes da ruta e ata o xoves anterior.


Despois do suave paseo por Cuntis para baixar o turrón do nadal :P comezamos o ciclo de montaña deste ano. Desta volta tentaremos ascender dende Montederramo ao Bidueiral na procura de neve. Xa que logo OLLO AS RECOMENDACIÓNS DE EQUIPAMENTO:

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es apuntan a que teremos unha xornada típica de montaña. Temperaturas baixas e posibilidade de neve. É por isto, e en base ao coñecemento do ititnerario, RECOMENDAMOS:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas. Recomendable que a exterior sexa impermeable e a interior polar. Procuramos con isto non mollarnos, cortar o vento e abrigarnos ao tempo que podemos ir retirando capas a medida que entramos en calor. 

- Para o tren inferior para esta ruta o calzado ideal é bota con Gore-Tex e polainas. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Recomendable sempre na mochila un paraugas pequeno ou semellante. 

4) Horarios:

Saída dende Pontevedra ás 8:00h (Praza Galicia nº5) 
Saída dende Vigo ás 8:25h (Rúa Areal nº46)
Saída dende Ourense ás 9:30h (Café-Bar Bekas)
hora de remate aproximado será ás 17:00h. (sen contar o regreso en bus aos lugares de orixe).