Listas para o 2017? Go!

Data:sábado 14 de xaneiro de 2017
Itinerario:  Pontevedra – San Martiño de Salcedo – Castro das Croas – Muíños e Petroglifos do Outeiro – A Esculca – Muíños da Cancela – Pontevedra
Distancia: 15 km
Dificultade: baixa


Comezamos o ano cunha ruta interpretativa de baixa intensidade na contorna de Pontevedra (Salcedo no Tempo) para recuperar a forma despois dos excesos do nadal ;) Para gozar dunha xornada única atentas ás recomendacións: 

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es falan de que teremos unha xornada gris con posibilidade dalgunha pinga de auga, pero pouca, e temperaturas baixas. Benvidas ao inverno, unha boa época para camiñar! :) 

En base a previsión e ao coñecemento do ititnerario recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas (1ª interior térmica, 2ª polar e 3ª exterior impermeable) para abrigar e tamén para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. Asemade se tedes posibilidade de levar na mochila un poncho-chuvasqueiro por se a previsión de auga aumenta sempre é recomendable. Gorros, luvas ou bragas polares segundo criterio persoal de cada quen. :P

- Para o tren inferior o calzado ideal é zapatilla baixa tipo Trecking pero con Gore-Tex, tamén pode ser unha ruta apta para bota tradicional. As polainas non son necesarias e o uso de bastóns ao criterio individual, especialmente recomendables no tramo final da ruta. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... Lembrade que as paradas son curtas polo que nada de levar os restos das ceas de nadal :P 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Necesario na mochila un paraugas pequeno. 

4) Horarios: Os de Ourense ás 9h no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web. A hora de remate aproximado será as 17:00h.