Comeza o ciclo de montaña 2017 [Actualizada]

Data:sábado 11 de febreiro de 2017 #DestaVAI
Itinerario:  Bretelo – Forcadas – Requeixo – A Picoña – Zamorela – Castelo – Bretelo 
Distancia: 17 km
Dificultade: media - alta


Desta volta non haberá cicloxénese que pare o grupo!!! Despois do pequeno paseo na contorna de Pontevedra (Salcedo no Tempo) para recuperar a forma despois dos excesos do nadal comeza agora o ciclo de montaña deste ano 2017. E para inicialo visitamos o Val de Forcadas en Chandrexa de Queixa, unha ruta de altura que require de recomendacións específicas:


1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es (superada a cicloxénese) falan de que teremos unha xornada con moitas posibilidades de neve :) que é o que imos buscar non é?  

En base ao anterior e ao coñecemento do ititnerario recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas (1ª interior térmica, 2ª polar e 3ª exterior impermeable) para abrigar e tamén para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas (que pouco aumentarán con máximas de 5ºC). Asemade se tedes posibilidade de levar na mochila un poncho-chuvasqueiro sería perfecto por se en lugar de neve temos auga. Gorros, luvas ou bragas polares segundo criterio persoal de cada quen pero de seguro que son de agradecer. 

- Para o tren inferior o calzado ideal é bota de Trecking con Gore-Tex. As polainas tamén son recomendables ao igual que o uso de bastóns e pantalóns de abrigo.

IMPORTANTE!!! Será unha ruta de montaña con altas probabilidades de neve, xa que logo temos que ir equipados para tal. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... :P 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Necesario na mochila un paraugas pequeno. 

RECOMENDABLE NESTE CASO DEIXAR UNHA MUDA COMPLETA NO BUS PARA VOLVER AO DESTINO SECOS DESPOIS DA AVENTURA. :)


4) Horarios: Os de Ourense ás 9h no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web. A hora de remate aproximado será as 17:00h. (sen contar o regreso en bus). 



Publicacións populares deste blog

A derradeira entre chourizos

De finde á montaña, imos ao Xurés